Noticias

50 ANIVERSARIO DA S.C.D. MOURENTE

PROGRAMA DE ACTOS 50 ANIVERSARIO

 

 
*      Sábado 1 de Agosto ás 21,30 h. inauguración da exposición
de fotografía e pintura “O Carballo de Santa Margarida”.
Do 01/08/09 ata o 31/08/09 de luns a venres de 20,00 a 22,00h.
 
 
*Venres 7 de Agosto ás 21,00 h. inauguración da exposición fotográfica “50 anos da S.C.D. Mourente”. Do 07/08/09 ata o 07/09/09 en horario de 20,00 a 22,00h. de luns a venres.
 
21,30 h. Actuación Coral: Grupo Voces Amigas de Mourente,  Coral da Alameda de Pontevedra e Coral O Chopo
 
 
*      Sábado 8 de Agosto ás 18,00 h.  Fútbol de Veteranos:  S.C.D. Mourente – S.D. Monteporreiro no Campo de Fútbol de Mourente (Monte do Castro)
 
 
*      Xoves 20 de Agosto ás 20,30 h. Fútbol Sala Benjamines Partido Amistoso S.C.D. Mourente – Figueirido, C.F.
 
21,30 h. Triangular Amistoso de Fútbol Sala: S.C.D. Mourente, Bar Ciudad Rebeca e Miranda Deseño
 
 
*      Venres 21 de Agosto ás 21,00 h. Exposición de Bonsáis.    Colección de mais de 20 Bonsais de Juan Olegario Gil (Campión de España Bonsai 2000) e Fernando Blanco Rey.
 Do 21/08/09 ata o 07/09/09 en horario de 20,00 a 22,00h. de luns a venres.
 
*Venres 28 de Agosto ás 21,00 h. Mostra de Antigüidades e Obxectos Curiosos (mostra aberta a persoas que queiran aportar obxetos para expoñer).
 
 Exposición “A Escola dos nosos maiores”. Mostra dunha escola antiga real con pezas do Fondo Patrimonial do Museo Pedagóxico de Galicia.
Do 28/08/09 ata o 21/09/09 de luns a venres de 20,00 a 22,00h.
 
 
*      Xoves 3 de Setembro ás 21,00 h. exposición do I Concurso de Fotografías  “O Medio Rural” organizado pola S.C.D. San Martín de Verducido. Do 03/09/09 ata o 21/09/09 en horario de 20,00 a 22,00h. de luns a venres.
 
 
*            Domingo 6 de Setembro ás 17,00 h. Festa infantil  “Volta ó Cole” con Hinchables, Animación e Festa da Escuma (recomendase traer unha muda para cambiar aos rapaces).
 
 
*Venres 11 de Setembro ás 23,00 h. “Ferve Mourente” Concerto dos grupos  “Projecto Mourente”, “Reina Mala” (antes Nueve8Seis) e “Marvel” (ex Quatro de Abril).
Entradas: Socios 1 euro; Non Socios 3 euros.
 
 
*Sábado 12 de Setembro ás 23,00 h. Guateque  “50 anos de éxitos musicais” con DJs invitados e a actuación do grupo Black Stones.
Agasallos aos mellores disfraces ou performances dos anos 60, 70, 80…
Entradas: Socios gratis. Non Socios: 2 euros.
 
 
*      Venres 18 de Setembro ás 22,30 h. Ciclo Teatro e Comedia
Actuación do cómico pontevedrés “Fredi Crujer” (Luar - TVG)
Venda de entradas na S.C.D. Mourente. Prezo único para Socios 2 € .
 Non Socios 4 € en anticipada, e na taquilla o mesmo día 5 €.
 
 
*      Sábado 19 de Setembro ás 22,30 h. Ciclo Teatro e Comedia
Actuación cómico-musical de “Fabulosos Cubatas Fockink  Brothers”.
Venda anticipada de entradas na S.C.D. Mourente e na Cafetería Tertulia (Echegaray, 19  Pontevedra). Prezo único para Socios 3 €. Non Socios 5 € en anticipada, e  na taquilla o mesmo día unha hora antes, 8 €.
 
 
*      Domingo 20 de Setembro ás 18,00 h. Ciclo Teatro e Comedia Representación da obra “Un morto moi vivo” a cargo de Produccións Acontrabutaca coa actuación de Dorotea Bárcena (Amadora con Os Tonechos) e José M. Rodríguez  Puente “Isi” (o Rei da Comedia da TVG)
Venda de entradas na S.C.D. Mourente. Prezo único para Socios 3 € .
 Non Socios 5 € en anticipada e na taquilla o mesmo día 6 €.
 
*Venres 25 de Setembro  ás 11,00h. Programa de Radio en directo “Voces de Galicia” de Radio Voz (93.1 FM) dende a S.C.D. Mourente.
Asistencia libre de público ata unha hora antes ou completar aforo. Os socios poden reservar sitio o día anterior chamando ó 657 871 194.
 
Ás 21,00 h. Inauguración da Exposición de Trofeos e Medallas do  Campión de Natación Paralímpico de Mourente, Pablo Cimadevila.
Do 25/09/09 ata o 09/10/09 de luns a venres en horario de 20,00 a 22,00h.
 
Ás 22,30 h. Ciclo de Teatro e Comedia. Actuación de “Pedro Brandariz” Venda de entradas na S.C.D. Mourente. Prezo único para Socios 2 € . 
Non Socios 4 € en anticipada,  e na taquilla o mesmo día, 5 €.
 
 
*Sábado 26 de Setembro Excursión á Festa Típica Minhota en Povoa do Varzim (Portugal) con saída ás 15,00 h. e regreso o domingo 27.
Visita do mercadiño de Vilanova da Cerveira e continuación de viaxe ata o hotel en Póvoa do Varzim. Unha vez acomodados, traslado a Quinta Santoinho para asistir ó “Arraial Minhoto”, folclore, desfile, música de baile, sardiñas asadas, febras de porco, polo, caldo verde regado con viño branco e tinto sen límite. Ó día seguinte, visita libre por Póvoa. Pola tarde visita a Ponte da Lima “a Vila mais antiga de Portugal” e regreso a Pontevedra. Prezo Socios en habitación dobre: 85 euros/persoa .
Non Socios: 95 euros (inclue viaxe, seguro, hotel, cea, almorzo e comida)
 
Ás 18,00 h. Partido Amistoso de Balonmán  con ex-xogadores veteranos da S.C.D. Mourente e unha Selección de Xogadores Veteranos de Pontevedra.
    
Ás 22,30 h. Ciclo Teatro e Comedia. Actuación de Jose Juan Vaquero
monologuista revelación de TV en “Las Noches de Paramount Comedy”.
Venda anticipada de entradas na S.C.D. Mourente e na Cafetería Tertulia (Echegaray, 19 – Pontevedra) Prezo único para Socios 4 €. Non Socios 6 € en anticipada,  e na taquilla o mesmo día, 8 €.
 
 
*Domingo 27 de Setembro ás 18,00 h. Ciclo Teatro e Comedia espectáculo Infantil “Peter Punk” con  malabares, globoflexia e bo humor.
Entradas: Socios e Rapaces gratis.  Adultos Non Socios 2 euros.
 
 
*Venres 2 de Outubro ás 21,00 h. Inauguración da  Mostra foto bibliográfica e de obxetos personais de Manuel Daniel Varela Buxán, considerado o patriarca do teatro galego e do que este ano se conmemora o centenario do seu nacemento. A continuación,
representación dunha das súas obras “Salaios dun vello labrego” interpretada por  Estela Martínez  e Miguel Otero.
     
 Ás 22,00 h. Actuación da Agrupación Folclórica Os Alegres de    Mourente. Exhibición de música tradicional e folck, (cantareiras, zanfoñas,  frautas traveseiras, pitos galegos, percusión e gaitas).
 
 
*Sábado 3 de Outubro ás 20,00 h. Mostra de Teatro Varela Buxán coa interpretación da obra “O ferreiro de Santán” a cargo de Teátrica Teatro (ex-compoñentes de Teatro Xenio)
 
 
*Domingo 4 de Outubro ás 18,00 h. Mostra de Teatro Varela Buxán coa interpretación da obra “Se o sei non volvo á casa” a cargo de Teatro Xenio.
 
                                     
*Venres 9 de Outubro ás 22,30 h. Actuación do actor  Carlos Blanco
Venda anticipada de entradas na S.C.D. Mourente e na Cafetería Tertulia (Echegaray, 19 – Pontevedra) Prezo único para Socios 4 €.  Non Socios 6 € en anticipada e na taquilla o mesmo día, 8 €.
 
Ás 19,00 h. Desplazamento a Santiago para presenciar en directo ó Programa “Luar” de TVG (día e hora suxeitos a variacións) Inscricións na S.C.D. Mourente. Asistencia libre de público con preferencia para os socios que poden reservar praza ata o xoves 1 de outubro no 657871194.
 
                                     
*Sábado 10 de Outubro ás 22,30 h. Monólogos e historias do humorista de Paramount Comedi Miguel Lago .
 Venda anticipada de entradas na S.C.D. Mourente e na Cafetería Tertulia (Echegaray, 19 – Pontevedra) Prezo para Socios 4 €. Non Socios 6 € en anticipada e na taquilla o mesmo día, 8 €.
 
 
*      Domingo 11 de Outubro ás 12,30 h. Misa por todos os socios finados na Igrexa de Sta. María de Mourente acompañada polo Coro Parroquial.
 
Ás 22,00 h. Cea-Baile e actos de clausura do 50 aniversario amenizados pola  Orquestra Televisión (TVG).
 
Aberto  prazo  de  reserva  ata  o xoves día 1 de  outubro ou completar  o aforo. Prezo por persoa 36 €.
 
 
 

Actos 50 aniversario da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente

Agosto 2009

Benvidos á nova páxina web da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente.


Hai un total de 2 noticias. Estás na páxina 1, de 1

Empresas Colaboradoras

http://www.pinturasalborada.com
http://www.grupoleiro.com
http://www.abreuehijos.citroen.es/
http://www.pontedeocio.com
http://www.ofertaydemanda.net