Lembranza obrigada.

Nesta sección, adicada a repasa-Ia traxectoria da Sociedade, non pode faltar a lembranza a unha das figuras mais sobranceiras desta etapa: don Xosé de La Torre López; abunda con dicir que foi Presidente da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente durante os vinte primeiros anos.

Recabamos informacion de varias persoas que foron directivos baixo seu mandato e en todos puidemos comprobar a admiración que sentian pola súa figura, hoxe sa so feita recordo. Falarannos da grande capacidade de traballo que tiña, do seu fondo coñocemento da parroquia e da gran experiencia acadada en defende-los intereses de Mourente. Estas e outras calidades, xunto o seu amor á Cultural (nos dicían os ex-directivos que a Sociedade "foi a súa obra e a súa distracción") fixeron que este home adicara e seu esforzo e a súa valía persoal en conquerir para Mourente a unión des veciños; por eso a súa meta foi a construción do edificio so-cial, dotar a Mourente dun local de xuntanzas onde a xente puidera tratar e discutir os seus problemas. É certo (según nos cementaban) que e seu carácter as veces personalista aca rreoulle algunhas críticas (ningún home adicado a un Iabor público esta ceibe delas), pero ninguén pode negar o seu interese e a súa Ioita por busca-lo mellor para a Cultural e para Mourente, mesmo desatendendo moitas veces os seus asuntos privados .

A Sociedade débelle moito, por iso, ainda que finóu hai xa uns anos, deberá estar sempre nas nosas Iembranzas.

Empresas Colaboradoras

http://www.pinturasalborada.com
http://www.grupoleiro.com
http://www.abreuehijos.citroen.es/
http://www.pontedeocio.com
http://www.ofertaydemanda.net