Na fundación da nosa Sociedade, no ano 1959, influíron moitas circunstancias e podemos
dicir que foi creada cunha xeira de compoñentes distintos o interés de moitos directivos,
a constancia de don Xosé de la Torre, o entusiasmo de moitos veciños de Mourente, etc.
Unha chea de factores tiveron parte nesta resurrección dunha asociación na nosa parroquia.
E dicimos resurrección porque mentres que para algúns a nova entidade naceu por si
mesma, sen ningunha relación co pasado, para outros a Cultural foi a versión moderna daquela
"Casa dos Agricultores" que noutrora existira, e tentaba de xunta-los esforzos de tódolos
veciños coma o fixera noutro tempo aquela outra. Así pois, a antiga asociación rexurdía das
súas propias cinzas, e nunca mellor dito, xa que houbo que amaña-lo local que fora queimado
na guerra civil.
A información que hoxe temos sobre aquela "Casa dos Agricultores" é moi pouca.
Xa esta morta a meirande parte da xente que tivo participación na súa actividade, mais aínda
Así puidemos saber de moito do seu labor a prol da elevación do nivel cultural dos veciños
de Mourente. Aquela asociación, con local social chantado no mesmo solar que hoxe ocupa
o da Sociedade, inda que mais pequeno, naceu como expresión das ansias de mellorar dunha
parroquia e, como tal, era considerada como a casa de todos. Soubemos dalgunhas das acti
vidades que alí se realizaban, como a formación dun grupo musical de corda e púa, unha
compañia teatral -cadro de declamacion lle chamaban daquela— que traballaba na montaxe
de dúas obras dramáticas, a mais doutras actividades recreativas e culturais. Outra actividade
importante era a biblioteca, amplia e ben provista de libros, que era a fachenda da parroquia,
Tamén, durante catro meses ó ano daban clase pola semana para adultos totalmente de balde por
cousa de facer mingúa-lo número de analfabetos na parroquia (que supoñemos que, naqueles tempos
seria importante, por desgraza). Todo isto non tivo mais ca medrar en nos a admiración por todas estas
persoas que noutrora adicaban tempo e esforzos os demais, e que foi unha mostra do que se pode facer en
Mourente se os veciños teñen unión e solidarizade.
Despois, a desfeita. A guerra veu sega-lo que con tanto pulo e ilusión se sementara e
o local, despois de espoliado, foi queimado. Hoxe aquilo xa quedou atrás e non debe tentar
os homes ningún sentimento de revancha. So queremos pregar que a unión e a irmandade
dos veciños se teña polo mais importante, para que as xenreiras de irmán contra irmán e de
veciño contra veciño nunca volvan a sega-las ilusións de Mourente.