Xa no intre da fundación da Sociedade tívose en conta a creación dunha biblioteca no seu seo como consta nos estatutos e na presenza dun bibliotecario entre os
membros da Xunta directiva. Tamén no libro de actas da Cultural figura O nome de don
Ricardo Duran Gómez como benefactor da parroquia de Mourente e consta o acordo
de poñerlle o seu nome á biblioteca. Aínda así esta actividade da nosa entidade acadou
escasos resultados nos primeiros anos de funcionamento, pois había moi poucos libros
e o servizo de prestamos practicamente non e×istia. En anos posteriores, Coa chegada
de novas Xuntas directivas, e mais que nada a partir de 1980 O número de libros foi
aumentando, sobretodo polo envío de cartas as editoriais que foron mandando algúns
títulos. Por estas datas é Cando se empezou a face-los ficheiros, cataloga-los libros,
confecciona-los inventarios e poñer en funcionamento O servizo de prestamos. Nesta
época a biblioteca estaba instalada na sala da 1º planta, a rente do salón principal.
No ano 1982 é de salienta-la instalación deste servizo na planta baixa do local
social, axeitándose para este fin O antigo gardaroupa. Con esta nova instalación medrou
a comodidade dos servizos e por outra banda motivouse mais ós Socios, e mais ca
nada ós rapaces, que teñen as instalacións mais a man e cun aire mais agradable. Tamen medrou O numero de libros, tanto pola compra de exemplares Coma pola donación de moitos títulos por parte de directivos, Socios e diversas entidades que axudaron a incrementar de xeito importante os fondos bibliográficos; chegouse a ter 780 títulos
con 887 exemplares (deles 220 infantis). Nestes derradeiros anos pouco medrou o
depósito de libros, ainda que Seguimos tendo donacións, mais ca nada de diversas
publicacións periódicas.
NO tocante a préstamos de libros, aumentaron de Xeito extraordinario: antes de
1982 fixeranse 100 prestamos, na tempada 82-83 foron 156 e na 83-84 supuxeron
526 prestamos.
Por mais que a biblioteca dera un grande paso Cara adiante nos derradeiros
anos no tocante a prestamos, fondos e organización, hai moito que facer ainda para ter
un Servizo como compre a Sociedade. Como principal obxectivo cara ó futuro coidanos
axeitar unhas mellores instalacións con sala de lectura, sección infantil, ficheiros,
Sección de xornais e revistas, etc., así como mobiliario axeitado por cousa de procurar
unha meirande comodidade para OS Socios. Estes proxectos conlevan dificultades dabondo polo presuposto que compre para levalos a cabo, pois a distribución dos espazos
no local Social non son doados de axeitar. Tamén ofrece tachas o servizo de préstamo
de libros, Xa que precisa de horarios e persoal axeitado e fixo que atendera o servizo.
O deposito de libros compre aumentalo ata formar unha biblioteca básica o
suficientemente completa para cubrir as necesidades mínimas, ó tempo que procurarlle unha meirande atención a sección infantil, Xa que son os nenos e mozos os que
mais uso fan dela; fanlles falta libros, ben para os seus estudios, ben para o tempo de
lecer, e compre facerlle medrar este bo "vicio".