Asociación

Un precedente importante

Na fundación da nosa Sociedade, no ano 1959, influíron moitas circunstancias e pode-mos dicir que foi creada cunha xeira de compoñentes distintos o interés de moitos directivos, a constancia de don Xosé de la Torre, o entusiasmo de moitos veciños de Mourente, etc. Unha chea de factores tiveron parte nesta resurrección dunha asociación na nosa parroquia.

E dicimos resurrección porque mentres que para algúns a nova entidade naceu por si mesma, sen ningunha relación co pasado, para outros a Cultural foi a versión moderna daquela "Casa dos Agricultores" que noutrora existira, e tentaba de xunta-los esforzos de tódolos veciños coma o fixera noutro tempo aquela outra. Así pois, a antiga asociación rexurdía das súas propias cinzas, e nunca mellor dito, xa que houbo que amaña-lo local que fora queimado na guerra civil.

A información que hoxe temos sobre aquela "Casa dos Agricultores" é moi pouca. Xa esta morta a meirande parte da xente que tivo participación na súa actividade, mais aínda Así puidemos saber de moito do seu labor a prol da elevación do nivel cultural dos veciños de Mourente. Aquela asociación, con local social chantado no mesmo solar que hoxe ocupa o da Sociedade, inda que mais pequeno, naceu como expresión das ansias de mellorar dunha parroquia e, como tal, era considerada como a casa de todos. Soubemos dalgunhas das acti- vidades que alí se realizaban, como a formación dun grupo musical de corda e púa, unha compañia teatral -cadro de declamacion lle chamaban daquela— que traballaba na montaxe de dúas obras dramáticas, a mais doutras actividades recreativas e culturais. Outra actividade importante era a biblioteca, amplia e ben provista de libros, que era a fachenda da parroquia, Tamén, durante catro meses ó ano daban clase pola semana para adultos totalmente de balde por cousa de facer mingúa-lo número de analfabetos na parroquia (que supoñemos que, naqueles tempos seria importante, por desgraza). Todo isto non tivo mais ca medrar en nos a admiración por todas estas persoas que noutrora adicaban tempo e esforzos os demais, e que foi unha mostra do que se pode facer en Mourente se os veciños teñen unión e solidarizade.

Despois, a desfeita. A guerra veu sega-lo que con tanto pulo e ilusión se sementara e o local, despois de espoliado, foi queimado. Hoxe aquilo xa quedou atrás e non debe tentar os homes ningún sentimento de revancha. So queremos pregar que a unión e a irmandade dos veciños se teña polo mais importante, para que as xenreiras de irmán contra irmán e de veciño contra veciño nunca volvan a sega-las ilusións de Mourente.

C.M.

Empresas Colaboradoras

http://www.pinturasalborada.com
http://www.grupoleiro.com
http://www.abreuehijos.citroen.es/
http://www.pontedeocio.com
http://www.ofertaydemanda.net